Unha Ofrenta de Ósos歌词
Os misterios que se agochan nos teus bosques,
na beira dos teus regatos,
na corteza das túas árbores, no solpor.
As historias dos carballos e os raposos,
e as túas peles enrugadas,
mais rezumas humildade,sen descanso.
Estragada, abusada e castigada,
polas xentes que acolliches,
esgotaron as túas forzas, teu amor.
Compa?eira de aturuxos afogados,
de granito e de madeira,
que iluminas os meus pasos coa túa maxia.
Mi?a amiga, esvaneceste entre fumes,
xa cavaron a túa tumba,
rodeada de eucaliptos e petróleo.
Cando morra, eu ofrézoche os meus ósos,
que alimenten a túa terra,
para que dela broten novos bidueiros.