Voar máis Aló das Montañas歌词
Déixame prender o candil,
déixame contarche o que vin,
o teixo e o ciprés,
os beizos da liberdade,
que cantaban ó mencer.
Déixame mostrarche o solpor,
déixame ficar canda ti,
e voar máis aló do horizonte,
onde as aves voan co vento do mar,
e os meus soños voan tamén.
-
Déixame bicar a túa man,
deixame andar cos teus pés,
percorrer os sendeiros do Eume,
e as praias da Costa da Morte,
onde a terra bica o mar.
Déixame bailar e sorrir,
déixame berrar e chorar,
e durmir á sombra dos teixos,
e mirar atrás pra ver de onde ves,
e asi adiante seguir.